Falece un home tras ser atropelado na zona portuaria de Rianxo

03 Xaneiro 2020

Un home de 60 anos e veciño de Rianxo, L. A. O., faleceu na noite deste xoves ao ser atropelado na zona portuaria da localidade. Segundo informaron fontes policiais, o aviso chegou ao redor das 21.30 horas do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia comunicando o suceso.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Rianxo, equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico, bombeiros e ambulancia. O persoal médico procedeu coa reanimación, mais nada se puido facer porque o home faleceu no acto. O levantamento do cadáver efectuouse en torno ás 01.00 horas.

No que respecta ás circunstancias, as fontes policiais apuntaron que, segundo as primeiras conclusións, o atropelo produciuse cando o viandante intentou cruzar a calzada por unha zona non habilitada, entre vehículos, con condicións luminosas escasas e non portaba ningunha prenda reflectante. Por outra banda, someteuse ao condutor do vehículo implicado ao control de alcoholemia, dando negativo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.