Entregados os premios da campaña de Nadal desenvolvida na Pobra

18 Xaneiro 2020

As persoas agraciadas no sorteo da campaña de Nadal da Pobra do Caramiñal recibiron na tarde deste venres 17 os seus premios nun acto celebrado no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Esta iniciativa estivo organizada pola Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, o Centro Comercial Aberto O Deán e a Asociación de Profesionais da Praza de Abastos; ademais de contar coa colaboración do Concello. Nesta ocasión, participaron un total de 57 comercios e establecementos de servizo, repartíndose 2.800 euros entre 19 vales de compra de 100 euros cada un, así como outros 3 por un valor de 300 euros cada un. Trátase, polo tanto, dunha campaña impulsada coa finalidade de contribuír á dinamización da economía local.

O presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Tomé, expresou o seu agradecemento a tódolos colaboradores e ao Concello, pois afirmou que resultou “imprescindible e importantísimo” para o desenvolvemento dunha campaña que, segundo precisou, “saíu, francamente, moi ben.” Ademais, relatou algunhas das anécdotas que se produciron coma, por exemplo, que unha vendedora de froita da praza de Abastos repartiu dúas das rifas dotadas cos 300 euros.

Pola súa banda, a concelleira de Dinamización Económica, Charo Varela, salientou a importancia dunha campaña froito da colaboración entre as distintas entidades do municipio e numerosos comercios asociados e non asociados. Así mesmo, precisou que “isto non se podería facer se tódolos comercios non apostaran por esta campaña e puxeran cada un unha cantidade de cartos que é moi significativa”, traducíndose en que os agraciados poidan desfrutar gastando os seus vales de compra no comercio local, “unha aposta que o Concello de A Pobra ten moi clara de apoio total.”

A continuación, Manuel Tomé e Charo Varela, acompañados de Mariló Romero e José Castelo -ambos representantes do comercio local-, encargáronse de facer entrega dos premios.

No que respecta aos 19 vales de compra de 100 euros, estes recaeron en Marcos Romero, Juan José Sayáns, Aurora Crujeiras, Cristina Andrade (en dúas ocasións), Vanesa Dieste, María Santos, Maite Olveira, Ángeles Vidal, Mariam Pérez, Adelina, Patricia Parada, Juana Lago, Francisca Barreiro, Ana Fernández, María Isabel Lojo, Belén Vidal, Serafina Bretal e Nati Peña. Os tres vales de compra de 300 euros foron parar a Loli Davila, Eva María Montemuíño e Aurora Sobrido.

Os gañadores que nos asistiron ao acto poderán recoller a súa recompensa na sede da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal a partir do luns 20.

Outros artigos

O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.