Castelao, homenaxeado en Bonaval no 70 aniversario do seu pasamento

07 Xaneiro 2020

A igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago acolleu este martes 7 de xaneiro a celebración oficial do 70 aniversario da morte do escritor, político e artista rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cuxos restos mortais repousan no dito tempo compostelán. O acto, no seu miolo unha ofrenda floral, foi organizado pola Fundación Castelao e contou coa presenza do seu presidente, Carlos Mella, do seu vicepresidente e secretario, Miguel Anxo Seixas Seoane, e máis do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros persoeiros da nosa cultura.

O encargado de conducir a homenaxe foi Seixas Seoane, que aproveitou para lembrar o importante legado de Castelao, un legado de gran valor artístico e cultural pero, tamén, un legado de pensamento libre, democracia, galeguismo, integridade, identidade e defensa firme de todos aqueles que foron, son e serán vítimas das inxustizas e dos abusos do poder.

Pola súa banda, Valentín García enxalzou a figura do autor de Sempre en Galiza, coñecida e recoñecida como “peza clave da nosa historia”, un “dos nosos autores máis universais e unha das persoas que máis traballou na defensa da cultura e a identidade galegas”, dixo.

O acto, no que participou un nutrido grupo de intelectuais e políticos da nosa terra, serviu tamén para conmemorar o centenario da revista Nós (cuxo director artístico foi o escritor rianxeiro).

Outros artigos

Os alcaldes de Barbanza Arousa din non a Altri

Na mañá deste 18 de marzo os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, Julián Bustelo, José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Luis Pérez Barral (rexedores, respectivamente, de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) ofreceron unha rolda de prensa conxunta na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...