Barbantia celebra o 31 a súa asemblea xeral e presenta o novo libro de Héctor Pose

17 Xaneiro 2020

A Asociación Cultural Barbantia vai celebrar o vindeiro 31 de xaneiro, venres, a súa asemblea xeral ordinaria. Será no Auditorio de Rianxo ás 18.30 horas en primeira convocatoria, e ás 19.00 para a segunda e última. Abordaranse procedementos como a lectura do estado de contas para a súa aprobación, un resumo da memoria anual do ano 2019 e a renovación dos cargos directivos. Un algo máis tarde, o mesmo día e no mesmo emprazamento, está programado celebrar, ás 20.030 horas, o acto de presentación do suplemento cultural número 151 de A Voz de Barbantia e, tamén da obra Escribirme, de Héctor Pose Porto, editado por Edicións do Peirao.

Oficiará de condutor deste duplo acto cultural-editorial o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, quen estará acompañado de Milagros Torrado e Xesús Laíño, que conversarán co autor sobre a proposta literaria da súa obra. A cita deste venres concluirá cunha vertente artístico-musical: unha intervención plástica a cargo do artista Manuel Ayaso e un peche musical (e tamén unha apertura) a cargo do cuarteto de frautas Leliñas da Escola de Música de Rianxo.

Estas actividades están enmarcadas nos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo e cuxa información pódese consultar na súa web.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.