As comunidades do CIFP de Coroso e AMBAR compartiron habilidades en dous obradoiros

30 Xaneiro 2020

Este martes 28 de xaneiro desenvolveuse na sede de AMBAR en Frións (Carreira, Ribeira) unha importante xornada de traballo destinada a facer avanzar a comarca en materia de igualdade, inclusión e sensibilización de cara as diferentes capacidades e sensibilidades.

A xornada consistiu nunha xeira de traballo na que participaron alumnas e alumnos do CIFP de Coroso de Ribeira (18 estudantes de segundo de FPB) e máis a comunidade de usuarias e usuarios da asociación AMBAR, a asociación de persoas con diversidade funcional con sedes en Frións e A Pobra.

Na xornada, a rapazada do CIFP tivo ocasión de desenvolver actividades concretas cos usuarios de AMBAR, coñecendo de primeira man o relevante traballo que realiza a asociación coas persoas con capacidades diversas. Máis en detalle, o alumnado do centro participou en dúas accións: un obradoiro de ornamentación e deseño gráfico e máis un taller de estimulación cognitiva e motriz.

Segundo informaron os organizadores do encontro, as e os rapaces pasaron unha mañá moi especial e puideron coñecer o traballo que fan diariamente e máis a importancia da integración e socialización das persoas con diversidades funcionais e motrices.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

Estos días Ribeira esta saliendo en los medios de comunicación, por motivos nefastos, falta de seguridad ciudadana. Decir que no son muchos, son los mismos, muchas veces repetidos, ya que entran en el juzgado y salen antes que la policía. Dicho esto, cuando gentes de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.