A Policía Local de Rianxo participa nunha campaña de vixilancia das condicións dos vehículos

21 Xaneiro 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

Desde o 20 e ata o 26 de xaneiro, a Policía Local de Rianxo participa nunha campaña especial de vixilancia das condicións dos vehículos, impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Neste senso, realízanse controis comprobando se os vehículos levan ITV e seguro obrigatorio en vigor, ademais de revisar elementos de seguridade tales coma pneumáticos, luces, parabrisas e sinalización.

Para proceder coas comprobacións de documentación dos vehículos e permisos de conducir dos condutores, os axentes dispoñen dunha tablet con conexión a Internet, coa cal poden constatar os datos, de xeito rápido, directamente da base da DXT.

Así mesmo, efectuaranse probas de alcoholemia e drogas se detectan que algún condutor pode ir baixo a influencia destas substancias.

Na quenda da mañá do día de onte, tramitáronse dúas denuncias administrativas ao interceptarse dúas furgonetas que tiñan caducada a ITV.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.