A Asociación Amicos inaugura unha aula dixital con numeroso equipamento tecnolóxico

24 Xaneiro 2020
Cedida por Asociación Amicos

Na xornada deste venres 24 tivo lugar a inauguración da aula dixital na Asociación Amicos, en Boiro. Un espazo interactivo que se levou a cabo grazas á distinción recibida na pasada edición dos VI Premios Solidarios Cenor electrodomésticos.

No 2018, a referida asociación foi galardoada co denominado Hoyo Solidario, cuarto premio de dita convocatoria. A recadación provén dos asistentes máis solidarios de cada unha das probas do XII Circuíto de Golf Cenor Camino de Santiago, ascendendo a contía a 4.493 euros. A aportación correspondente traduciuse na adquisición de diverso material tecnolóxico coa finalidade de constituír esta aula, así como contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades de apoio. Entre os produtos adquiridos en Cenor electrodomésticos figuran un encerado dixital, unha impresora 3D, un ordenador portátil e coa previsión de acadar dúas tablets máis.

Durante a xornada foron testemuñas de como o novo equipamento pode facilitar o día a día das persoas que presentan máis necesidades de apoio. Rosa, unha alumna do Centro de Educación Especial, amosou in situ como deseñar un molde que facilita a autonomía á hora de desenvolver actividades da vida cotiá. Coa impresora 3D pódense crear de forma personalizada e a menor custe pezas coma, por exemplo, culleres, ganchos para botóns ou pictogramas en relevo, as cales facilitan tarefas básicas.

Ao acto asistiron o director xeral de Cenor, Javier González; a directora de marketing de Cenor, Leticia Rodríguez; marketing de Cenor, Alba Rego; o xerente da tenda Cenor de Boiro, Alfredo Otero; e o director xeral de Amicos, Xoán España.

Desde Cenor electrodomésticos, unha ves máis, reafirmáronse no seu comprimo co seu entorno, encamiñando a súa oitava edición dos Premios Solidarios Cenor electrodomésticos.

Cedida por Asociación Amicos

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.