A ARE confirma a continuidade da directiva actual e dá a coñecer os premiados do sorteo de Nadal

29 Xaneiro 2020

O pasado venres 24 a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) celebrou finalmente a súa asemblea xeral extraordinaria, convocada inicialmente para o 26 do mes previo e adiada a finais de xaneiro por motivos de forza maior. Na orde do día da convocatoria incluíase a celebración de eleccións da nova xunta directiva, á que se presentou, no prazo previsto, unha soa candidatura: a do actual equipo coordinador da entidade presidido por Luís Duro.

Esta xunta directiva vai continuar á fronte da asociación durante os vindeiros catro anos. Aproveitando a celebración da asemblea, tamén se procedeu a pórlle remate á campaña Un Nadal cheo de agasallos, que se saldou co sorteo dos nove vales de compra da ARE que constituíron a base da iniciativa. Resultaron gañadores as seguintes veciñas e veciños:

Ana Isabel González Mariño (1 vale de 100 euros, Zapaterías Marty)

Carla Morano Rodriguez (1 vale de 100 euros, Estanco Xacobiño)

Elisabeth López Rey (1 vale de 100 euros, Nenis)

Natalia Peña Freire (1 vale de 50 euros, Cenor ROT)

Raquel Romero Figueira (1 vale de 50 euros, E. Varela e Hijos)

Dany Lorenzo Lustres (1 vale de 50 euros, Botisana)

Tania Liste Castro (1 vale de 50 euros, Beep Rianxo)

Rosa Ma Fandiño Creo (1 vale de 50 euros, Nenis)

Merche Redondo Rodríguez (1 vale de 50 euros, Estanco Xacobiño)

33 membros participantes

A ARE fixo saber que na campaña de Nadal participaron 33 asociados que puideron achegar máis de 180 premios para sortear entre os seus clientes e que, xunto cos vales aportados pola ARE, acadaron un valor de 5.000 €. Desde a ARE queren agradecer e salientar “o esforzo realizado, unha vez máis, polos socios”. Tamén agradeceron “a confianza de todos aqueles que mercan e consumen nos negocios locais”, e máis tendo en conta que o gasto que “se fai na nosa vila é tamén un investimento que repercute na creación de emprego e na xeración de riqueza para todos os rianxeiros”, engadiron os membros da entidade.

A listaxe total de persoas premiadas pode consultarse na web da ARE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...