Un mercado, teatro, festivais e música entre as actividades do Nadal pobrense

12 Decembro 2019

Despois de que o pasado venres se procedese na Pobra ao acendido do alumeado, á inauguración do Belén municipal e á apertura do Mercado do Nadal, o Concello amplía a oferta de actividades a desenvolver nestas datas. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Igualdade e Dinamización Económica, Charo Varela; e o seu homólogo de Mocidade, José Andrés Lojo.

A edil Charo Varela explicou as actividades que se desenvolverán no Mercado do Nadal, emprazado no Cantón da Leña, e que consta de seis postos do comercio local dedicados á artesanía, gastronomía, obxectos de regalo e arranxos florais, entre outros. Este espazo abrirá os venres, sábados e domingos ata o 5 de xaneiro e celebraranse obradoiros infantís os sábados e domingos, de 19.00 a 21.00 horas; showcooking ás 13.00 horas do 15 e 22 de decembro, así como do 4 de xaneiro; chocolatada organizada polo Club Remo Puebla para as 19.00 horas do 14 e 15 de decembro; obradoiro musical a cargo da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra o 15 de decembro; visita dos Papá Noel do Motoclub Sin Frenos o 22 de decembro; e concurso de cociña do Nadal coas asociacións Arrancadeira, Eiradela e Xiada para o 28 e 29 de decembro.

A programación tamén inclúe a representación de pezas teatrais no Elma. No bloque destinado a persoas maiores de 16 anos, Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez (Guti) subiranse ás táboas o 15 de decembro, ás 19.00 horas, con Tres vellas (polo menos). Mentres tanto, as obras dirixidas a un público infantil e familiar inclúe a representación de Rubicundo, da man deTeatro Ghazafelhos, o 26 de decembro, ás 18.00 horas; Saaabor!, de Culturactiva, o 27 de decembro, ás 18.00 horas; e a Xanela do Maxín con A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, o 30 de decembro, ás 18.00 horas.

Así mesmo, as asociacións organizan os seus festivais tamén no Elma. O 14 de decembro, ás 19.00 horas, chega o Nadal con Caramiñas, un festival de canto, baile e música tradicional da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas; o Festival de Nadal Arrancadeira terá lugar o 21 de decembro, ás 19.00 horas; e o Concerto Solidario de Nadal da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra festexarase o 22 de decembro, ás 19.00 horas.

Ademais, haberá o Pequetroula para facilitar a conciliación, do 13 de decembro ao 4 de xaneiro, na praza Maior. Trátase dunha ludoteca para os máis pequenos, integrada por obradoiros de Nadal, globoflexia, pintacaras, tatuaxes de purpurina e contacontos. Tamén se disporán inchables tódolos sábados e nas xornadas do 23 e 30 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro. Da mesma maneira, o 23 de decembro terá lugar un taller de construción de casas-niño; mentres que o 24 de decembro se celebrará a visita de Papá Noel. O horario é de luns a venres, de 17.30 a 21.30 horas; e sábados, de 12.00 a 14.30 horas. Os días 24 e 31 de decembro, de 17.30 a 19.30 horas. A entrada é de balde presentando un tícket de compra do comercio local.

Por outra banda, o concelleiro José Andrés Lojo expuxo as actuacións musicais que haberá na rúa. Neste senso, o 21 de decembro, a partir das 23.00 horas, chegará DJ Goro e Chocolate Discomóvil; o 28 de decembro, a partir das 20.00 horas, será a quenda de The Final Lap Fest; o 1 de xaneiro, a partir das 02.00 horas, os DJ’s amenizarán o Aninovo; e o 12 de xaneiro celebrarase o serán galego Vive, aprende e desfruta do noso. Todas estas citas desenvolveranse na praza Maior, sumando a praza Valle-Inclán no Aninovo.

Na súa intervención, o rexedor Xosé Lois Piñeiro manifestou que “imos ano a ano ampliando un pouco a oferta de actividades que presentamos”, sendo froito da colaboración das distintas Concellerías, veciñanza, sector do comercio e asociacións. Tamén destacou o concurso de cociña coas asociacións Arrancadeira, Eiradela e Xiada, o cal se desenvolverá no Mercado do Nadal os días 28 e 29 de decembro, dispoñendo dunha cociña portátil que se conseguiu grazas a unha subvención. Un evento que agardan que contribúa a dinamizar o referido espazo e “para facer que a xente saía á rúa, participe e se divirta.”

Finalmente, os Reis Magos visitarán o municipio o 5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, na tradicional cabalgata, contando coa colaboración de Protección Civil e numerosos voluntarios. Cómpre lembrar que a xente pode participar na cabalgata anotándose no propio Concello a partir do luns.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.