Sonia Rodríguez Salvante presenta a súa primeira novela no Ateneo Valle-Inclán

12 Decembro 2019

A escritora de Carreira Sonia Rodríguez Salvante vai presentar este venres 13 de decembro na súa terra, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a partir das 21.00 horas, a primeira entrega da súa novela (unha novela por partida dobre) Encuentro de almas. Nesta estrea en Ribeira do primeiro volume de Encuentro de almas, titulado Por Clara, Sonia estará acompañada doutro carreirán vencellado ás letras, o escritor, contador e dramaturgo Quico Cadaval. Tamén participarán María Cadaval e María Sampedro.

Polo que se refire ao libro en si mesmo, Encuentro de almas é a primeira novela lanzada por Sonia R. Salvante ao mundo editorial, aínda que non é a súa obra de estrea propiamente dita na literatura, de feito ten varias novelas máis agardando dar o paso aos formatos papel e dixital. Encuentro de almas, autoeditada pola propia escritora a través do xigante tecnolóxico Amazon, é, segundo se desprende da presentación editorial “unha historia de amor cargada de realismo e maxia”, que nos achega ás vidas de tres personaxes, Clara, Chema e Laura, que malia os seus puntos de vista e personalidades case contrapostas, comezan a vivir unha vida en común marcada polo amor, a paixón e a dor.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.