Ribeira conmemora o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

03 Decembro 2019

Os actos organizados con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional arrancaron en Ribeira esta mesma mañá cunha masterclass de  zumba, seguida da apertura dunha exposición composta por unhas trinta obras elaboradas por persoas con diversidade.

Así, ás 11.30 horas tivo lugar na praza do Concello unha masterclass na que participaron sesenta alumnos da Asociación AMBAR e doce de A Creba. No transcurso da mesma, o alcalde Manuel Ruiz incidiu na necesidade de seguir traballando a prol da igualdade e manifestou que “o Concello se pon día a día esa meta: dar pasos para que canto antes logremos a sociedade que todos buscamos.”

A continuación, a Casa Consistorial viviu o acto de apertura da exposición Con xeito. Diversidade na arte, integrada por unha trintena de pinturas e esculturas elaboradas polo alumnado do taller de arte de AMBAR baixo a directriz de Manu Mimé e coa presenza, entre outros, da presidenta da asociación, Milagros Rey; o alcalde e distintos representantes de grupos da corporación municipal.

Milagros Rey insistiu en reclamar que “as persoas con diversidade temos os mesmos dereitos e queremos que se cumpran.” Así mesmo, expuxo que este ano o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional céntrase no seu empoderamento para “un desenrolo inclusivo, equitativo e sostible como se pedía na Axenda 2030 para o desenrolo sostible, que se compromete a non deixar a ninguén atrás e que considera a diversidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus dereitos.”

Na súa intervención, Manu Mimé explicou que esta mostra fai fincapé nas diversas maneiras de crear, sendo tódalas pezas “moi distintas, pero que gardan moitas similitudes entre si e, á vez, os artistas nos expoñen ao público que vimos mirar as cousas que a eles lles gustan”, amosando desde paisaxes ata o mundo mariño. Tamén precisou que desde o obradoiro de arte da Asociación AMBAR “buscamos o empoderamento artístico destas persoas porque todos eles son artistas como calquera de todos nós que nos guste crear.”

Pola súa parte, o rexedor Manuel Ruiz expresou o seu agradecemento a todas aquelas persoas que traballan “por un mundo máis xusto, máis inclusivo, que potencia o que cada un é capaz de dar e facer por esta sociedade.” Ademais, manifestou que “creo que hoxe en día se empeza a facer xustiza cando estamos a falar de diversidade porque iso é o que é o mundo, diverso e cada un pode aportar moitísimo á sociedade á que aspiramos.”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...