Óscar Sobrido escollido novo presidente da asociación cultural Altofalante

21 Decembro 2019

Óscar Sobrido “Amroth”, técnico administrativo, membro de Teatro do Improvisto e músico, foi escollido presidente da asociación cultural Altofalante.
A asemblea celebrada na tarde do pasado venres 20 de de decembro no Ateneo Valle-Inclán acordou renovar a directiva agradecendo o traballo realizado pola anterior que presidiu Laura Pego.
A nova directiva mistura perfís con experiencia como Marivén Sampedro, que continúa como vicepresidenta, ao tempo que incorpora novas persoas como Luís Pérez e Silvia Varela que ocuparán os cargos de secretario e tesoureira, respectivamente.
O colectivo avoga por manter as actividades tradicionais como o premio Altofalante do ano, o traballo a prol do galego e da memoria histórica, mais tamén prevén realizar novas actividades e aumentar os ámbitos de traballo como poden ser o feminismo, a arte e a música. 
A asociación mantén a súa aposta pola renovación xeracional na composición da directiva, pois a maior parte é menor de 30 anos e con perfís plurais.
O novo presidente, Óscar Sobrido, declarou que o obxectivo debe ser “fortalecer a cultura propia de Galiza en todas as súas facetas, nun momento crítico, como é o actual, cómpre activarnos socialmente”.
Laura Pego, Teresa Prol, Vicente Paz, Cruz Rivadulla, Ánxela Suárez, Uxía Fernández, Alexandre Ríos, Sara Maneiro, Agustín Pérez, Diana Lixó e Elvira Blanco completan a directiva.

sociación cultural Altofalante
Ateneo Valle-Onclán Ribeira coa nova directiva da Asociación cultural Altofalante

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.