O comercio e a hostalaría de Rianxo ten ao seu dispor novos materiais específicos para o Nadal

10 Decembro 2019

O Concello de Rianxo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, vén de presentar unha serie de material conmemorativo a disposición do comercio local para que os diversos establecementos do termo municipal (e por suposto os seus clientes) poidan desfrutar estas festas que se aproximan dunha maneira netamente “rianxeira” e en galego. Os diferentes elementos deste particular merchandising local, destinados exclusivamente á celebración do Nadal, estanse a achegar a comercios e locais de hostalería adheridos á campaña En Rianxo, ao noso xeito.

O material está conformado por etiquetas para agasallos para o comercio (En Rianxo, ao noso xeito “Agardo que che guste”; En Rianxo, ao noso xeito “Con todo o meu agarimo”; En Rianxo, ao noso xeito “Parabéns”), por manteis infantís para hostalaría con diversas actividades de lecer e xogos (unir os puntos para acadar a figura do Apalpador, sopas de letras, pasatempos) e por cartas dos Reis Magos para o comercio.

O Concello lembra que os comercios, bares e restaurantes adheridos á campaña que desexen recibir o material deben pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística, chamando ao teléfono 881 988 891 ou escribindo un correo a: normalizacion@concelloderianxo.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.