O BNG de Boiro pide actuacións para mellorar a estrada da Deputación que une o concello co de Noia

05 Decembro 2019

O grupo nacionalista de Boiro (BNG) que coordina Raquel Suárez Regades vén de presentar unha moción para ser tratada en pleno acerca da situación administrativa da estrada DP -1105 que une os concellos de Boiro e Noia, a día de hoxe pertencente á Deputación Provincial da Coruña. Segundo fai saber a agrupación, o viario presenta importantes deficiencias que redundan en problemas de seguridade, como por exemplo a falta de reflectores nas beiras do firme e a ausencia de garda-carrís nalgúns dos seus treitos. Tamén ten eivas de alumeado, “polo que se sería preciso mellorar a seguridade viaria, sobre todo para as horas nas que cae o sol e cando hai escasa visibilidade por mor da chuvia ou da néboa”.

A agrupación sinala que para emendar estas eivas, poderíanse instalar reflectores ao longo da estrada, marcar os límites da mesma, mellorar o pintado das liñas ou calquera outra actuación que implique poñer a punto a seguridade viaria.

O Bloque, nun plano máis concreto, lembra que hai determinados treitos da estrada ao seu paso por Boiro nos que “habería que facer actuacións específicas”. Así, indican, “a rotonda de Bermo que regula o acceso á autovía, o Polígono de Espiñeira ou Cimadevila, cunha grande densidade de vehículos, tanto lixeiros como pesados, precisa mellorar a súa seguridade mediante un correcto alumeado artificial da propia rotonda e da zona contigua”. Amais, engaden, “no lugar de Xarmea precísase asegurar a protección para os peóns coa correcta sinalización deste tramo e coa construcións de beirarrúas”.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.