Helena Villar Janeiro será recoñecida no 21 Salón do Libro Infantil e Xuvenil

24 Decembro 2019
Helena Villar, á dereita da imaxe, xunto ao debuxante Kiko da Silva e a concelleira de Pontevedra Carmen Fouces

A escritora Helena Villar Janeiro, afincada na aldea rianxeira de Abuín (Leiro) dende hai anos, será unha das autoras recoñecidas na 21 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A distinción vén dada pola longa e destacada traxectoria da escritora en materia de literatura para crianzas, un xénero que ten cultivado con obras tan senlleiras como A canción do rei (1992) ou as máis recentes Contos do Sol e da Lúa (2017) e Fina a pirata (2019), entre outras moitas. Así até máis ou menos dúas ducias de contribucións literarias para a rapazada e, tamén, para a xuventude.

O recoñecemento será unha distinción dupla (por vez primeira na historia do salón). De feito, tamén está previsto enxalzar a traxectoria creativa do debuxante Kiko da Silva, autor e ilustrador vigués nado no 1979 e responsábel de publicacións tan sobranceiras como Retranca, B de Banda ou A Viñeta de Schrödinger. Kiko da Silva tamén é o creador do personaxe Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Volvendo a Helena Villar, conxugou durante a súa longa carreira creativa os oficios literario e docente, unha dupla vertente que segue a manter activa nas redes sociais, onde leva a cabo unha intensa actividade creativa, divulgativa e pedagóxica. Amais de ser autora dunha manchea de obras infantís, é poeta, narradora, ensaísta e articulista. É nai do pianista Abe Rábade e da tamén poeta María do Cebreiro. Segundo fixo saber tras ter coñecemento da homenaxe pontevedresa, a distinción do Salón do Libro Infantil “é un dos mellores obsequios que podía recibir”, cousa que aínda cobra máis relevancia ao ter que compartilo “co admirado e amigo Kiko da Silva”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.