Educación distingue con premios os esforzos de tres estudantes de Boiro e Pobra

05 Decembro 2019

A Consellería de Educación publicou hoxe no Diario Oficial Galicia a orde pola que se conceden os galardóns da ESO ao “esforzo e superación persoal do alumnado correspondentes ao curso 2018-2019”. Estes recoñecementos distinguen “a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural”. Entre o alumnado galardoado atópanse rapaces do IES da Pobra do Caramiñal e do IES A Cachada de Boiro (dous estudantes).

A Consellería destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden. A Consellería lembra que o obxectivo final destes galardóns é que as mozas e mozos premiadas/os sexan “un exemplo para compañeiras e compañeiros en situacións semellantes, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.