AMBAR organiza varias actividades no marco do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

02 Decembro 2019
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 2018. Cedida por Asociación AMBAR

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional que se conmemora o 3 de decembro, a Asociación AMBAR desenvolverá na comarca diversas actividades, xirando todas elas ao redor do empoderamento das persoas con diversidade funcional, o cal traballan nesta entidade a través das artes plásticas e escénicas.

A ONU, na súa Axenda 2030, entende que para o desenvolvemento sostible é necesario incluír a tódalas persoas e considera que a diversidade é unha cuestión transversal á implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Así, AMBAR organiza a exposición Con Xeito, Diversidade na Arte a partir de mañá na Casa do Concello ribeirense. Esta mostra de arte está confeccionada pola persoas con diversidade funcional que asisten aos obradoiros artísticos da referida asociación.

Ademais, o Auditorio municipal de Ribeira acollerá, ás 18.00 horas, a posta en escena de Martín e O Biosbardo, da man de Artellar, o grupo de teatro de AMBAR.

Por outra banda, ás 12.00 horas do mércores 4 celebrarase no Elma da Pobra do Caramiñal unha pequena gala onde se desvelarán os carteis que forman o calendario do 2020, así como a proxección dun vídeo do proceso de traballo realizado polos profesionais e persoas con diversidade que fixeron posible a composición do mesmo.

O calendario poñerase á venta o 5 de decembro, podendo reservarse a través do enderezo electrónico correo@asociacionambar.org ou do teléfono de contacto 981874480. Todo o recadado irá destinado a financiar iniciativas para promocionar proxectos de empoderamento e inclusión das persoas con diversidade funcional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...