A Fiscalía pide doce anos e medio de cárcere para o acusado de matar á súa compañeira de piso

05 Decembro 2019

O Misterio Fiscal demanda doce anos e medio de prisión para o acusado de matar á súa compañeira de piso a coiteladas durante unha discusión que mantiveron tras o consumo de alcohol e cocaína.

Segundo o escrito da acusación, S.V.P. trasladouse a vivir á casa de C.D.D., situado no partido xudicial de Ribeira, dous meses antes de que se producisen os feitos. Aquela noite estiveron reunidos ata as 22.00 horas con outras persoas no domicilio da vítima e ambos consumiron cocaína, ademais de que o procesado inxeriu alcohol.

Unha vez na cociña da planta baixa da vivenda, dispuxéronse a cear e, en medio da mesma, tiveron unha discusión e pelexa mutua por temas de diñeiro. A Fiscalía sostén que, nun determinado momento, o acusado colleu un coitelo de cociña de 27 centímetros “con filo e punta apto para ferir de forma inciso cortante e inciso punzante.” Tamén manifesta que, ante tal situación, a vítima fuxiu ao piso superior do inmoble para refuxiarse nalgunha das estancias, alcanzándoa o procesado no baño e comezando a acoitelala por diversas partes do corpo.

Dúas das puñaladas atravesaron a cavidade torácica e abdominal, atravesando o plano costal e acadando o lóbulo superior do pulmón dereito, chegando á aorta ascendente, sendo esta unha lesión mortal. A morte produciuse como consecuencia da hemorraxia aguda interna e o acusado, tras agredir á vítima coa arma e ao ver o seu estado de inmobilización, intentou facerlle torniquetes cun pantalón e unha camiseta, procedendo tamén a chamar ao 112 para dar aviso, “como se fose outra persoa a que agredise e matase á vítima.”

A continuación, o Ministerio Fiscal precisa que, unha vez chegou a ambulancia, o acuado fuxiu gardando antes nun bolso a arma do crime, o teléfono da vítima e outros enseres. Mais foi alcanzado polas forzas policiais actuantes a pouca distancia do lugar dos feitos.

Así, a acusación pide os mencionados anos de cárcere e o pago dunha indemnización de 100.000 euros aos herdeiros legais da vítima.

O xuízo desenvolverase a próxima semana na sección sexta de la Audiencia Provincial.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.