A derradeira achega do POS+2019 permitirá acometer dez obras en Arousa Norte

20 Decembro 2019
Cedida

A Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de tódalas forzas políticas, a derradeira achega do Plan Único deste ano (POS+2019) por un importe total de 17’1 millóns de euros, dos que 16.245.962 euros corresponden a fondos provinciais e 908.460 serán aportados polos concellos.

Coa achega aprobada hoxe, o POS+ da Deputación puxo a disposición dos concellos coruñeses durante 2019 un total de 100.484.818 euros, superando o investimento realizado nos exercicios anteriores.

Un total de 83 concellos coruñeses beneficiaranse desta achega adicional do Plan, que permitirá executar un total de 158 obras de mellora de infraestruturas municipais. Pavimentacións de camiños e núcleos rurais, obras de saneamento e abastecemento de auga, dotación de mobiliario urbano, creación de parques públicos e infantís ou creación de infraestruturas deportivas son algunhas das obras que se realizarán nos concellos co apoio do Plan Único.

Respecto aos municipios de Arousa Norte, acometeranse dez obras cun importe total de 1.039.662’73 euros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...