Youtubeir@s Rianxeir@s celebra o 24 de novembro a gran gala do audiovisual local

21 Novembro 2019

A vertente rianxeira do proxecto Youtubeir@s, dirixido a converter YouTube e outras redes sociais en centros de actividade audiovisual en galego, vai celebrar o 24 de novembro unha gran quedada de creadoras/es e espectadoras/es, no Auditorio de Rianxo a partir das 19.00 horas. Estamos a faltar da Gala Youtubeir@s Rianxeir@s, unha cita de confraternidade e celebración arredor dos moitos e bos froitos audiovisuais que están a agromar na vila grazas á súa participación no certame (por exemplo o máis que exitosa serie As Cousas do Choio, entre outras contribucións). A gala, de libre entrada até completar aforo, vén da man do Concello e contará coa presenza das veciñas e veciños que participaron nesta convocatoria (a terceira) e nas anteriores edicións do proxecto Youtubeiras.

Sobre o certame

O proxecto Youtubeir@s vén da man dunha nutrida fronte común de entidades galegas formado polos concellos de A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Rianxo, Ribadeo, Pontevedra, Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña).

A terceira edición dos Premios Youtubeir@s establecen este ano un total de catro categorías: vídeo-facermos (vídeos que mostran saberes e procesos de elaboración a través de titoriais), vídeo-opinarmos (exposición de opinións e valoracións sobre un tema de interese), vídeo-cantarmos (vídeos musicais con versións, composicións orixinais, adaptacións ou coreografías) e canles.

Amais destas catro modalidades, entregaranse distincións á creatividade, á eficiencia comunicativa, á calidade técnica e á calidade lingüística, recoñecementos decididos todos por un xurado “de recoñecido prestixio” que outorgará o premio durante a gala dos Premios Youtubeir@s, no mes de novembro. Por último, o certame conta cun premio do público que se entrega baixo o nome de #propostayoutubeira. En conxunto, Youtubeir@s repartirá un total de 6.500 euros en galardóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.