Un total de 850 comensais participarán no xantar de confraternidade da Pobra

28 Novembro 2019
Na presentación do evento celebrada a mediados de novembro

O pobrense pavillón municipal de deportes da rúa Venecia acollerá o venres 29, a partir das 14.30 horas, o xantar de confraternidade dirixido a maiores de 60 anos. Así, un total de 850 persoas tomarán parte desta cita e degustarán os pratos cociñados por Chicolino Restauración. Ademais da propia comida, haberá baile e actuación musical a cargo de Mar Davila.

No xantar tamén estarán presentes a deputada de Educación, Sandra González Castro, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García, así como o resto de membros da corporación municipal, representantes das empresas colaboradoras e membros de diferentes asociacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.