Porto do Son celebrará o 22 de decembro a súa carreira Sin-Son máis adaptada

25 Novembro 2019

A recta final de ano, insistimos novamente na cuestión, vai ser unha tempada de grandes eventos deportivos na comarca do Barbanza. Por exemplo a nova edición da carreira Sin-Son 10K, que vén de presentar o Concello de Porto do Son (impulsor da proba) no Centro de Interpretación do Castro de Baroña. Segundo confirmou o Goberno local, a oitava convocatoria da carreira vaise celebrar o 22 de decembro ás 11 da mañá.

O concelleiro de Dinamización Turística, Manel Deán, lembrou que a Sin-Son 10K “é unha carreira de 10 quilómetros na que poñemos todo o noso empeño e cariño”. Pola súa banda, o edil de Deportes, Juan Pouso, confirmou que a edición 2019 da competición vén cunha novidade importante que derruba muros de accesibilidade, diversidade e integración: estrea unha categoría de competición adaptada.

O capítulo de cousas novas complétase con probas de patíns, de escolares e unha gran proba absoluta, ao que cómpre engadir a devandita categoría aberta a outros tipos de mobilidade, a categoría de handbike. “Con esta incorporación queremos demostrar que a Sin Son 10K non está limitada as condicións físicas dos corredores”, dixo Pouso, lembrando que a inclusión desta práctica do running sobre rodas é froito dun estudo previo e dunha serie de consultas con diversas asociacións de handbike, que, segundo engadiu, “están convidadas a participar”.

Luis Otero, director técnico da carreira, aportou todos os datos organizativos. Segundo fixo saber, a día de hoxe e ata o 29 de novembro o prezo da inscrición é de 6 euros, tarifa que a partir de esa data subirá ata os 9 euros. As inscricións péchanse o 17 de decembro. En canto a recollida de dorsais, explicou que aquelas persoas que formalicen a súa participación antes do 2 de decembro poderán recollelas anticipadamente en tendas doutras localidades: Bikila (Vigo), Millers Run (Pontevedra), Marathon (A Coruña) e Decathlon (Santiago de Compostela). “Para o resto de participantes”, fixo saber, “a mellor opción é recollelas no día previo onde poderán desfrutar da carreira de escolares e da tradicional Feira do Corredor, evento paralelo no que se poderá charlar cos atletas convidados e haberá sorteos de material deportivo, estadías en balnearios e comidas en restaurantes con prestixio (algún deles con Estrela Michelín)”.

O mesmo día da carreira absoluta, o 22 de decembro, haberá autobuses lanzadeira dende Porto do Son, servizo de gardarroupa, servizo de duchas, retransmisión en directo para as persoas que agarden na meta, avituallamento e servizo de ambulancias.

Otero salientou que a Sin-Son “é unha carreira que evoluciona, que cada ano intenta sorprender” e que este ano “os corredores vanse sentir participantes dun evento grande”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.