Os socialistas lanzan unha proclama para fortalecer o consenso arredor do 25N

25 Novembro 2019

Este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, as nosas institucións públicas, organizacións veciñais e agrupacións políticas están a pechar fileiras arredor dunha causa común: a loita colectiva, integral e firme contra a lacra das agresións ás mulleres. Entre os grupos políticos adheridos ás mobilizacións atópase o PSdG-PSOE, que vén de lanzar un manifesto subscrito tamén polas agrupacións dos catro concellos de Arousa Norte. Na proclama, os socialistas declaran “con firmeza que non permitiremos nin un paso atrás na loita contra a violencia de xénero, na súa prevención, no seu tratamento e na reparación das vítimas”. E engaden: “Manifestámolo hoxe 25 de novembro cunha chamada mundial que dende Nacións Unidas atravesa fronteiras e á que nos unimos coa responsabilidade e o convencemento de que se debe, e pódese, rematar coa violencia machista”.

O socialismo galego lembra que son tempos de gran complexidade e que precisan máis ca nunca dunha gran alianza entre persoas, institucións e colectivos, con independencia de cal sexa o seu ideario social ou político, unha fronte social unánime que free o avance do partido de ultradereita e das súas proclamas en contra do 25N e todo o que significa: “Hai un ataque frontal ao feminismo. A sombra da ultradereita cérnese sobre as nosas democracias. Avanza en Europea e España xa non é unha excepción. Agora, pretendendo romper o consenso alcanzando, negan a propia existencia da violencia de xénero, queren sinalar ás persoas que traballan con vítimas, faltan ao respecto ás mulleres asasinadas e ás súas familias e queren retrotraernos a tempos en branco e negro, e queren facelo a costa das mulleres”.

Os grupos socialistas tamén queren lembrar que as devanditas agresións “son a máis brutal mostra de desigualdade entre homes e mulleres”. E recordan tamén que este ano “superamos a dramática cifra das máis de mil mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas dende que existen rexistros oficiais en 2003”. A estes números, engaden, cómpre sumar os 275 que ficaron orfos por mor da devandita lacra.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.