O Museo Valle-Inclán, escenario dunha posta en escena e da presentación da revista Cuadrante

04 Novembro 2019

A Pobra do Caramiñal continúa inmersa na celebración da vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Así, o Museo converteuse en epicentro das actividades na tarde do xoves. Primeiramente, tivo lugar a presentación dos números 37 e 38 da revista Cuadrante. No acto interviñeron o director da publicación, Francisco Xavier Charlín Pérez; o investigador e descendente directo do escritor homenaxeado, Xaquín del Valle-Inclán Alsina; a concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo Nine; e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán.

Francisco Xavier Charlín destacou que a revista ten 20 anos de historia, pois comezou a súa andaina a comezos do ano 2000. En canto ao número 37, sinalou que recolle artigos variados coma son, entre outros, o texto de Xaquín del Valle-Inclán sobre como o escritor intervén en todo o proceso editorial da súa obra; a reseña sobre o libro de Rodolfo Cardona (especialista no esperpento valleinclaniano); e a nova clasificación proposta por Manuel Vieites (ESAD) sobre o teatro de Valle-Inclán. Mentres tanto, o número 38 trata sobre o intelectual e Josefina Blanco. Segundo expresou Xaquín del Valle-Inclán, abórdase a experiencia do escritor en Roma, que pasa coa familia cando chega a Guerra Civil ou o concepto “misa de ángeles” que aparece reflexado en Divinas palabras, entre outras cuestións.

A continuación, procedeuse ao percorrido das salas do Museo da man dos artistas Roberto Leal e Gemma do Carmo, encargados de levar a escena Ambitus amoenus: De teatro nunha Torre con alma de artista. Unha interpretación maxistral que se gañou o aplauso e felicitacións do público.

Ademais, a Compañía Tatana Teatro encargouse de escenificar na tarde de onte a obra Memorias da Árbore da Noite Triste: Último acto de Valle-Inclán, no Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...