O achegamento de Sánchez Ferraces á poeta María Mariño, o día 15 en Boiro

08 Novembro 2019
María Mariño, no centro da imaxe, nunha foto de Miguel Vidal

Boiro vai acoller o vindeiro 15 de novembro a presentación de Baixo o signo da bipolaridade, A poesía de María Mariño Carou, de Xosé Luís Sánchez Ferraces (Galaxia). O acto celebrarase no Centro Social de Boiro, contando coa presenza do autor e máis de Arturo Ponte (Editorial Galaxia) e o rexedor local, José Ramón Romero García. A cita está prevista para as 20.00 horas.

Baixo o signo da polaridade é un ensaio publicado este ano sobre a poeta noiense María Mariño Carou (1907-1967), afincada en Folgoso Courel durante dúas décadas da súa vida, subxugada pola beleza da comarca lucense e, tamén, vítima dunha tristura incesante da que rara vez foi quen de ceibarse (en primeiro plano ou en maior ou menor medida latente) e que constituíu, xunto co pano de fondo das montañas galegas e das súas remotas aldeas e das súas xentes, parte da materia prima coa que “fixo o seu canto”.

Sánchez Ferraces, Xosé Luís

Xosé Luís Sánchez Ferraces (San Xoán de Filgueira, Ferrol, 1946) cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de lingua e literatura galegas, exerceu o seu labor docente na USC e na UVigo. As súas investigacións céntranse na análise e interpretación de textos narrativos e poéticos tanto de escritores galegos (Rosalía de Castro, Vicente Risco, Castelao, Celso E. Ferreiro, Carlos Casares) como de escritores portugueses (José Gomes Ferreira, José Saramago, Mário de Sá-Carneiro) e hispanoamericanos (Julio Cortázar). De­sempeñou o cargo de secretario do Boletín Galego de Literatura desde 1989, ano da súa creación, ata 1992 e logo, durante un tempo, foi membro do seu Consello de Redacción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.