Ibuprofeno Teatro leva a súa nova obra a Rianxo, Casa O’Rei

11 Novembro 2019

O Auditorio de Rianxo vai acoller o venres 15 de xaneiro o espectáculo de Ibuprofeno Teatro Casa O’Rei, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. A representación, que comeza ás 21.00 horas, ten un elenco formado por Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Raquel Espada, Víctor Mosqueira, Santiago Cortegoso e Xosé M. Esperante. Trátase dunha obra para público adulto, con entrada de balde até completar capacidade (cómpre retirar a entrada unha hora antes do evento, cun máximo de dúas por persoa).

Casa O’Rei, unha das novas obras de Ibuprofeno, é unha sátira das relacións familiares e dos seus aspectos menos amábeis, xirando o argumento arredor do vello Manolo Rei, que, na recta final da súa vida decide celebrar un xantar con cocido e facer entre as partillas do seu patrimonio entre as súas tres fillas, poñendo o foco na casa de seu: a estrela do conxunto da herdanza. A cousa tórcese cando nin o cocido nin a festa nin as partillas transcorren como deberan transcorrer, ou como o O’Rei quixera que transcorresen.

Con Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.