Fabiola García salienta o aumento das prazas públicas de atención á dependencia no Barbanza

19 Novembro 2019

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de día da Pobra do Caramiñal onde destacou o incremento do número de prazas públicas postas en marcha pola Xunta de Galicia nesta contorna desde o ano 2009. Actualmente, sinalou, existen ao redor de 200 persoas atendidas nos centros de día de Boiro, Dodro, Muros, Outes e A Pobra, cando en 2009 soamente existían dous. Ademais, concretou que se concederon 69 axudas a veciñas e veciños dos concellos da contorna para prazas en residencias e centros de día.

Fabiola García resaltou que estes centros forman parte da ampla rede pública deseñada polo Goberno galego nos últimos anos, que pon á disposición das galegas e galegos 3.300 prazas públicas en centros de día, o triplo que hai unha década. Así mesmo, lembrou que no último ano a Xunta abriu novos recursos deste tipo en Vilardevós, Arteixo, Ourense, Cuntis e Baleira. Proximamente, poderanse incorporar tamén os primeiros usuarios ao centro de día de Miño.

Paralelamente, a conselleira reparou nos servizos que o Goberno galego presta a aqueles maiores que deciden permanecer nos seus fogares. Para eles puxéronse en marcha programas como as casas do maior, pequenos centros de día para concellos de menos de 5.000 habitantes; os coidados porta a porta, que levan servizos de podoloxía, optometría e estimulación da memoria a 20 concellos galegos; ou o programa Xantar na Casa, que achega comida saudable e de calidade a 177 concellos de toda Galicia.

A conselleira sinalou que a Administración autonómica ten como obxectivo prestar os servizos de maior calidade, para o maior número de persoas e á medida dos maiores. Para iso, puntualiza que no próximo ano os orzamentos da Consellería de Política Social ampliarán un 5’2% as partidas para atención á dependencia ata chegar aos 450 millóns de euros.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.