Cuarta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer

15 Novembro 2019

Ao longo desta mañá desenvolveuse a cuarta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer, centrándose no achado e recuperación do corpo da moza madrileña do pozo situado nunha nave de Asados, en Rianxo, no que permaneceu durante case 500 días.

Entre outros, declarou a mergulladora profesional que realizou un simulacro de como o Chicle supostamente somerxería o corpo de Diana no pozo do citado inmoble. Para o simulacro lanzouse a esta profesional, con características físicas semellantes aos da moza madrileña, lastrada con dous bloques de cemento coma os que se atoparon con Diana, equivalentes a dezaoito quilos. A proba evidenciou que o corpo non quedou flotando. A experta asegurou que “nunca, é fisicamente imposible.” Con todo, José Enrique Abuín na súa declaración testificara que o corpo non se afundira.

Así mesmo, falaron dous expertos que participaron na citada reconstrución realizada en Murcia. Un deles manifestou que “se ti antes de morrer, tes algo que te desborda, unha situación de estrés ou unha situación de pánico moi grande, o corpo como resposta pode producir unha adrenalina tan grande que xera un bloqueo e podes quedar bloqueada. Pero iso porque antes de morrer, sucedeu algo espantoso.”

O xuízo retómase a próxima semana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.