Boiro será escenario da final do XI Concurso Fran Pérez ‘Narf’

21 Novembro 2019

Cinco bandas interpretarán ao vivo os seus temas na final do XI Concurso Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña. A cita desenvolverase o venres 22, a partir das 20.30 horas, en A Pousada da Galiza Imaxinaria, no municipio de Boiro, un espazo especialmente relacionado coa traxectoria vital e artística do músico que lle da nome ao referido certame.

Nesta ocasión, o concerto contará coa actuación das cinco bandas finalistas que foron seleccionadas da totalidade de presentadas. Mileth, Costa Escura, Rebezo, Adhara & Ritman e Rabuda terán a oportunidade de interpretar ao vivo os seus temas diante do xurado nunha actuación que contará como convidada coa banda da Pobra, Moito!.  A entrada será libre ata completar o aforo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.