A Pobra acollerá unhas xornadas para visibilizar á muller na ciencia

13 Novembro 2019

O sábado 16 celebrarase a quinta edición das Xornadas Muller e Ciencia. Esta cita celebrarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán en horario de 16.30 a 21.00 horas, contando con catro conferencias impartidas por expertas cunha relevante traxectoria profesional no eido científico. Así o deron a coñecer o alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira de Igualdade, Charo Varela.

A edil manifestou que o obxectivo radica en visibilizar á muller no mundo das ciencias, así como a importancia do seu traballo. Tamén considera que estas charlas son “de gran importancia, moi didácticas, que poñen á muller no lugar que ocupa na ciencia. Un lugar que cada ano é máis destacado. Hai moitas mulleres en Galicia que se dedican a investigación e, poñelas en valor, é poñer en valor o traballo da muller actual e o traballo de tantas mulleres que antes delas levan dando grandes pasos en beneficio da ciencia.”

Pola súa parte, o rexedor manifestou que se trata dunha cita consolidada no calendario municipal e subliñou a charla a cargo dunha das relatoras, natural da Pobra. Ademais, animou á veciñanza a asistir a estes coloquios.

Así, Ángeles Longa Portabales, doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que traballou en distintos centros de investigación antes de incorporarse ao Consello Regulador da DOP do Mexillón de Galicia, impartirá O mexillón de Galicia e a ciencia; María Mercedes Álvarez Lires, doutora en Química pola Universidade de Vigo e posgraduada en Responsables de Coeducación pola Universidade de Barcelona, con A ciencia e a técnica teñen nome e face de muller; Laura González García, pobrense doutora en Marine Science, Technology and Management pola Universidade de Vigo e licenciada en Bioloxía Mariña pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) con mestría en Oceanografía e outra en Biodiversidade e Ecosistemas, chegará con Das rías galegas ás baleas dos Azores; e Susana Ladra González, enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña e graduada en Matemáticas, fará o propio con Big data e xenómica.

As actividades son de balde e non precisan inscrición previa.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...