A Asociación AMBAR inaugura o proxecto Elas no Elma

08 Novembro 2019

O pobrense teatro Elma será escenario o sábado 9, ás 13.00 horas, da inauguración da peza de danza e coloquio Elas. Trátase dunha escenificación na que, a través da danza, as artistas da Asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional amosarán as súa visión sobre o xénero e a diversidade cunha mensaxe de empoderamento focalizada na loita contra a violencia de xénero. Desta maneira, búscase visibilizar mediante a expresión artística unha problemática que afecta a tódalas mulleres.

A cita tamén contará cunha representante da asociación Mulleres en Acción, quen fará un percorrido pola situación actual das desigualdades e violencias cara as mulleres, ademais de ensinar ferramentas e medidas para poder abordalas.

Unha vez rematada a performance, procederase a un coloquio coas artistas con diversidades funcional que estarán acompañadas pola coreógrafa e bailarina Clara Ferrao, activa no proxecto Corpo a terra e que dirixiu a peza.

No acto estarán presentes representantes políticos dos diferentes concellos que representa a Deloa, acompañados pola xerente da Asociación Deloa, Paca Gago, e a presidenta de AMBAR, Milagros Rey.

Desde AMBAR manifestan que “temos o compromiso con nós mesmo/as e coa comunidade de xerar proxectos que visibilizen, reivindiquen e avoguen polos dereitos de todas as persoas, loitando contra as desigualdades e favorecendo un diálogo a prol da inclusión social.”

Esta acción está promovida pola Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia a través da Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...