Unha oportunidade para coñecer o mundo dos lobos

01 Outubro 2019

20191001. A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal será escenario o venres 4, ás 20.30 horas, dun acto titulado O lobo ibérico, un gran descoñecido. Desde o Concello pobrense sinalan que o obxectivo consiste en “dar a coñece-la importancia deste carnívoro nos ecosistemas do monte galego.” Así, dentro deste programa enmárcanse dúas actividades.

A primeira trátase da conferencia Coñéce-lo lobo?, cunha duración de 45 minutos seguida do documental Lobo e gando, de 15 minutos que aborda a relación entre este animal e a gandería.

Por outra banda, realizarase a exposición fotográfica Os lobos e a súa veciñanza durante todo o mes de outubro para visualizar diferentes aspectos deste animal.

O relator e fotógrafo é Agustín Pérez Souto, naturalista con experiencia no traballo de campo desde 1995, especializado no seguimento do lobo ibérico en Galicia e na comarca do Barbanza. Tamén colaborou no censo do lobo en territorio galego entre os anos 1999 e 2003. Na actualidade, participa na divulgación deste animal en diferentes organización e centros de ensino coma Tourgalia, IES Urbano Lugrís, Pío XII, Caserío da Castiñeira e CM de Baroña, entre outros. Así mesmo, participa no seguimento dos diferentes grupos de lobos no territorio galego, informando e asesorando a persoas do ámbito da gandería da nosa comunidade na convivencia con este animal, e ensinado a mellorar medidas de prevención de ataque ó gando.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.