Tres representacións baixan o pano da Alter Ego

23 Outubro 2019

A cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego chega ao seu fin esta semana, despois de difundir ao longo de catro xornadas esta rama das artes escénicas entre a xuventude, así como dar a coñecer a outras agrupacións que levan a cabo programas de teatro afeccionado. Entre as actividades figuran aquelas dirixidas a un público familiar ou infantil -coma contacontos, por exemplo- na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ademais de representacións máis tradicionais destinadas a uns espectadores, xeralmente, xuvenís e adultos na Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal.

Así, o venres 25 desenvolverase Xente de pálida pel, a cargo de Estudio de Teatro Casahamlet, no Auditorio, ás 21.00 horas. A última xornada, a do sábado 26, disporá de Cambia o conto de Miguel Alonso, ás 12.00 horas, na Biblioteca; así como de Tía Anita y su fantasma con Cardume Teatro, ás 21.00 horas, no Auditorio.

O prezo de entrada por actuación establécese nos 2 euros, podendo adquirise no Auditorio unha hora antes de cada función.

Esta proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.