Tres clubs náuticos de Barbanza obteñen a certificación Galicia Calidade

07 Outubro 2019

20191007 Tres clubs náuticos da comarca de Barbanza atópanse entre as entidades marítimo-deportivas acabadas de recoñecer coa certificación Galicia Calidade, que entrega o Goberno galego para salientar exemplos destacados de atención, servizos, produtos e desenvolvemento. Estamos a falar dos clubs náuticos de Boiro (Cabo de Cruz), Ribeira a Portosín, que se suman ás once entidades que tamén foron distinguidas hoxe co mes mo selo. A entrega do mesmo foi formalizada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, no Real Club Náutico de Sanxenxo, nun acto no que tamén participou a presidenta de Portos, Susana Lenguas.

A Consellería de Economía, a través de Galicia Calidade, concedeu a licenza de uso da súa marca de garantía ás instalacións náutico deportivas do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz (Boiro), Club Náutico Sada (Sada), Club Náutico de Ares (Ares), Club Naútico de Portonovo (Sanxenxo), Real Club Náutico de Ribadeo (Ribadeo), Real Club Náutico de Vigo (Vigo), Real Club Náutico de Portosín (Porto do Son), Real Club Náutico de Rodeira (Cangas), Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Club Náutico de San Vicente do Mar (O Grove) e Monte Real Club de Yates de Baiona, ademais de Ausnauga.

Os 13 clubs náuticos únense ao Nauta Sanxenxo que xa contaba con esta distinción que acadaron tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería.

Tal e como subliñou Conde, o traballo destes clubs, que a partir de agora serán “embaixadores” da Comunidade, achega “valor engadido ás súas vilas como referentes lúdicos e deportivos e ofrecen formación teórico-práctica nunha ampla gama de deportes náuticos como vela, remo ou pesca submarina”.

A presidenta de Portos de Galicia, pola súa banda, destacou que o ente público vai traballar para que aos clubs náuticos que xa contan co distintivo Galicia Calidade se sumen outros da Comunidade: “Estamos convencidos das potencialidades do sistema portuario galego e está nos nosos plans seguir mellorando as infraestruturas dos nosos peiraos”, salientou Susana Lenguas, que lembrou que os portos náuticos galegos obtiveron boas cifras de tránsitos o ano pasado ao recibir por primeira vez máis de 10.000 embarcacións náutico-recreativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...