Rianxo homenaxea este venres as mulleres silenciadas pola Historia

02 Outubro 2019

20191002 Este 4 de outubro, Rianxo homenaxeará ás vítimas da Guerra Civil poñendo o foco nas moitas (mulleres e homes) que non chegaron a encher nin unha liña dos libros oficiais. O tributo, a décima edición do Seminario pola Memoria, inclúe o o seminario en si mesmo, unha mostra (a exposición 80 anos. Santiago 1936 que se pode ver no IES Félix Muriel) e máis un acto de homenaxe as mulleres que deron o seu apoio aos presos do campo de concentración de Rianxo. As actividades veñen da man do Concello de Rianxo, Nova Escola Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, o IES Félix Muriel de Rianxo e máis o colectivo Barbantia.

Como dixemos, a décima edición do Seminario pola Memoria, que se celebra baixo o lema A liberdade nunca perde ningunha loita! (Ramón Cabanillas) porá o foco nas silenciadas: as mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e, “por extensión, todas as mulleres represaliadas e solidarias”.

A concentración celebrarase o 4 de outubro ás 20.15 horas, onde tivo as súas dependencias o devandito campo de concentración. Este, para que non saiba, chegou a acubillar máis de tres mil prisioneiros durante un período de dous anos. Segundo relata Cilia Torna en Sermos Galiza, o cárcere comezou a funcionar en novembro de 1937, nas instalacións dunha antiga fábrica de salgadura construída arredor de 1870, propiedade da familia Goday e situada no lugar de O Castelo. O edificio foi derrubado en 2002 para construír unha urbanización.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.