Os socialistas de Ribeira solicitan resolver o estado da infraestrutura de protección no paseo de O Carreiro

18 Outubro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

20191018. O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un rogo relativo ao estado das barandas de protección das dúas pontes do paseo de O Carreiro, na parroquia de Aguiño, un lugar moi frecuentado tanto por veciños coma por visitantes.

Os socialistas manifestan que estas barandas “presentan evidencias de falta de mantemento, e necesitan dunha actuación de pintado inminente, xa que están dando mostras de oxidación en determinadas partes.”

Tamén engaden que “necesita unha revisión o entramado de protección, formado por un cableado de aceiro inox. que amosa a falta de suxección nos postes.”

Por todo isto, a formación solicita que se comuniquen as “eivas na infraestrutura” a Portos de Galicia para que se proceda á reparación e pintado antiferruxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.