Os socialistas de Ribeira propoñen unha serie de actuacións no recinto deportivo dos Campos de Samil

11 Outubro 2019
Cedida polo PSdeG-PSOE

20191011. O PSdeG-PSOE ribeirense propón que se actúe no recinto deportivo emprazado nos chamados Campos de Samil ou Campos de Teira, na parroquia de Corrubedo. No mes de setembro de 2018, a corporación municipal de Ribeira aprobara por unanimidade a adquisición desta superficie de 20.130’92 metros cadrados.

Os socialistas manifestan que, transcorrido un ano, “o campo de fútbol está abandonado, cheo de maleza; a pista impracticable; e os vestiarios en malas condicións.”

Por isto, levarán a pleno unha proposta que inclúe a redacción do proxecto para a mellora da zona deportiva de Samil, dotando ao terreo de xogo “de céspede artificial de última xeración, instalado sobre unha superficie regular e previamente compactada” e que “se interese de outras administracións unha subvención para a viabilidade de execución do proxecto”; ademais de valar “en madeira ou en metálico” o perímetro do recinto. Tamén apuntan a habilitar o campo para a práctica de fútbol 8 e fútbol 11, segundo criterios regulamentarios da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) co establecemento de “novas porterías, redes e equipamento necesario para a práctica do fútbol.” Así mesmo, propoñen labores de acondicionamento da pista polideportiva co obxectivo de “deixala en óptimas condicións de uso e desfrute”, así como a realización dunha intervención nos vestiarios, “con traballos de adecuación, conservación e mantemento para coidar o bo estado hixiénico-sanitario aos practicantes do deporte en xeral, e do fútbol en particular.”

Con todo isto, o grupo municipal pretende “dar cabida e resposta ás necesidades da xuventude de Corrubedo e arredores, e de tódolos deportistas do Concello, que merecen ter un terreo e instalacións nas mellores condicións posibles, tanto para adestramentos coma para posibles partidos oficiais dos equipos locais.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...