Os socialistas de Ribeira piden aplicar o límite dos 30 km/h nas contornas urbanas

15 Outubro 2019

20191015 O PSdG de Ribeira quere que a cidade siga dando pasos en materia de humanización e de calidade de vida para os viandantes e, tamén, para os condutores de vehículos a motor. Neste senso, o grupo socialista anunciou hoxe a presentación en pleno dunha proposta para aplicar en Ribeira o límite de velocidade dos 30 quilómetros por hora, unha medida que xa leva anos vixente en concellos como o de Pontevedra, entre outros moitos, e que ten dado probadas mostras (Pontevedra incluída) de efectividade en positivo: alén de calmar o tráfico, a dita limitación reduce o número de accidentes mortais e de atropelos, e, tamén, a gravidade dos atropelos en caso de habelos.

Segundo lembran os socialistas, a proposta dos 30 km/h conta co apoio da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que está a preparar unha reforma que afecta ao Regulamento de Circulación na que que se inclúe a obrigatoriedade de estender esta limitación aos espazos urbanos e ás vías dun carril por sentido. Esta reforma está respaldada por un estudo da Organización Mundial da Saúde de 2011 no que se sinala que o risco de falecer en caso de atropelo é cinco veces menor se se circula a 30 quilómetros por hora que a 50 km/h. A isto, sinala o PSdG de Ribeira, únense as importantes diminucións de ruído e contaminación que veñen da man da devandita medida.

En base a todo isto, os socialistas piden que se aplique “de maneira inmediata” a devandita reforma da DXT, en “todo o casco urbano de Ribeira e nas rúas do concello que teñan só un carril por sentido, ou onde o Concello o considere oportuno, por exemplo na rúa Castelao-Aguiño, coa colocación do sinal pertinente para limitar a velocidade”.

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saúde

O Concello de Ribeira buscará parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fácil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...