Os pacientes do Barbanza comezan esta semana a recibir avisos a través de SMS

16 Outubro 2019

20191016 Grazas ás novas tecnoloxías, a cidadanía da área de Compostela e Barbanza vai estar mellor informada no que a súa relación co Servizo Galego de Saúde se refire. De feito, a xerencia de xestión integrada de Santiago activou este martes 15 de outubro o sistema para enviar notificacións vía SMS aos teléfonos móbiles dos usuarios de toda a contorna: máis de 307.00 cidadáns identificados para subscribirse.

Primeiramente, as usuarias e usuarios recibirán unha mensaxe no seu móbil na que se lles explicará que “a partir dese momento” e “se os datos de identificación son correctos”, notificaráselles, por SMS, “recordatorios das súas citas cos facultativos especialistas nas consultas dos hospitais”. Nas devanditas mensaxes faranse chegar, asemade, alertas sanitarias concretas ou determinadas campañas sanitarias como a da vacinación da gripe.

O obxectivo desta medida, en palabras da xerencia compostelá, é “incrementar o contacto coa cidadanía a través das tecnoloxías dixitais, cunha información cada vez máis personalizada a fin de conseguir unha maior eficiencia na atención asistencial e unha menor molestia para o usuario”.

Coa posta en marcha deste sistema, a área sanitaria quere dispor dun mecanismo máis para promover información e “axudar aos pacientes” a través da incorporación da comunicación online inmediata e instantánea co persoal administrativo e médico. Desde a área sanitaria considérase que “esta ferramenta pode ser de gran utilidade”, por exemplo (pola súa proximidade) na campaña de vacinación da gripe, na que se recordará aos pacientes a conveniencia de vacinarse e onde facelo”.

A base da devandita ferramenta é a plataforma Lembra do SERGAS, unha ferramenta que envía mensaxes predefinidas de xeito automático que en casos puntuais e concretos ten a capacidade de facer chegar comunicacións personalizadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.