Os contos fantásticos de Manuel Solla chegan este sábado a Ribeira

11 Outubro 2019

20191011 Este sábado, malia coincidir con festivo, vai ser un sábado de conto en Ribeira, na Biblioteca Municipal. Así, as nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, acompañadas e acompañados das súas familias, van poder asistir ao espectáculo A maxia dos contos, a cargo de Manuel Solla, a partir das 12.00 horas na biblioteca. A cita vén da do Concello, a Xunta e a Deputación da Coruña, ao abeiro do programa de dinamización da lectura Ler conta moito.

A maxia dos contos é un espectáculo de narración oral de case unha hora de duración que busca, a través de diversas propostas e formatos (maxia, relatos, monicreques, adiviñas, etc), mostrar ante a rapazada a importancia de non perder nunca o beneficioso hábito da lectura. Para conseguilo máis plenamente, o contacontos axudarase dunha maleta máxica (unha das protagonistas do espectáculo) e dos seres fantásticos que nela habitan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.