Os concellos da comarca mellorarán estradas e saneamento con novos fondos da Deputación

04 Outubro 2019

20191004 A Deputación da Coruña deu luz verde a un novo paquete de obras (223) para os concellos ao abeiro do Plan Único (POS+2019) da entidade provincial, e que supoñen un investimento extra de 22,7 millóns de euros que sumar aos 100 consignados no orzamento do plan para este ano. En total, estariamos a falar de 551 obras para 93 concellos. A Deputación, con estas novas achegas, quere situar os municipios coruñeses á cabeza das administracións locais de España en materia de financiamento das deputacións.

Segundo fixo saber o presidente Valentín González Formoso, as actuacións programadas axudarán a “mellorar as infraestruturas, a calidade de vida e a economía dos concellos coruñeses”. O titular da entidade provincial tamén salientou a importancia de que o reparto dos fondos estea baseado en criterios obxectivos (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) e de que sexan os propios concellos os que deciden en que queren investir os fondos que lles achega a Deputación.

Entre os proxectos que obteñen cobertura económica da entidade provincial atópanse iniciativas dos concellos de Barbanza. Por exemplo, no caso de Boiro, as obras de pavimentación en Coroño, Cabo de Cruz, Cespón e Treites (66.251,89 achegados pola Deputación), as obras de pavimento en Pomar do Río, Cadarnoxo, Enseño e Cures (73.235,53 da entidade provincial) ou as beirarrúas na praia de Barraña (máis de 85.500 euros fornecidos, tamén, pola Deputación). Isto polo que se refire a Boiro.

En Pobra, obterá case 150.000 euros o proxecto de actuación integral na Mirandela. En Rianxo, a rede de saneamento de Burés, fase primeira (115.138,95 euros da Deputación) e a rede de saneamento de Pousada, fase primeira (222.357,39 euros).

Polo que se refire a Ribeira, a entidade provincial subministrará 326.718,74 euros para a rede de saneamento con pozo de bombeo en Muíños, e 30.719,79 euros para a pavimentación de camiños en Sego.

O total achegado para a comarca de Barbanza, incluídos proxectos en Porto do Son, Carnota, Muros, Lousame e Mazaricos, é de 2.433.952.93 euros.

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.