Os Bolechas chegan a Ribeira para celebrar a Festa da Lingua Galega

22 Outubro 2019

20191022. A Festa da Lingua Galega pechará este sábado 26 o ciclo de contacontos na biblioteca organizado polo Concello de Ribeira. Para tal ocasión, o evento contará coa visita de Os Bolechas, que repartirán agasallos entre os cativos que asistan ao Centro Cultural Lustres Rivas.

Trátase dunha contribución da Secretaría Xeral de Política Lingüística a unha actividade que tamén contará cunha función contacontos a cargo de Alicia Padín, responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística e coordinadora do ciclo.

Ademais, se o tempo o permite, Os Bolechas pasearán polo centro da cidade a partir das 11.30 horas, acudindo ao Lustres Rivas ás 12.00 horas, e continuando novamente polas rúas ata as 13.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.