O PP pobrense cualifica como “grave” a realización da sesión plenaria de onte

02 Outubro 2019

20191002. O PP da Pobra do Caramiñal tamén se quixo pronunciar respecto do pleno extraordinario e urxente convocado para onte por parte do goberno local. A formación manifestou a súa “repulsa polas actuacións de Nós Pobra e do PSOE por aproveitarse dunha circunstancia puntual como é a ausencia de dous concelleiros”, despois de que os nacionalistas Ramiro Ouviña e Cristina Andrade comunicasen a súa renuncia na sesión ordinaria da semana pasada e á espera da toma de posesión dos novos edís.

Deste xeito, o partido expresa que se “aproveitou ese problema administrativo, onde unha formación non ten representación para aprobar cousas no pleno que xa foran rexeitas noutras ocasións.” Debido á “importancia” dos puntos que se levaron, considera que o goberno “debería ter a deferencia de non aproveitarse desa circunstancia, aqueles que sempre están dicindo que creen na democracia, na participación e na vontade das persoas.” Así, os populares acusan ao goberno de “non ter en consideración” a opinión de toda a veciñanza do municipio.

Ademais, describen o acaecido como “grave” para as bases de convivencia e de desenvolvemento democrático da corporación. Tampouco entenden que “unhas persoas que non son capaces de respectar o resultado maioritario dunhas votacións ou porque non lle gustan, traten de aproveitarse, cando se da a ocasión, de circunstancias puntuais para alterar a vontade da maioría do pobo.”

Así mesmo, consideran que “o goberno de Nós Pobra non é o máis indicado para o municipio”, pero sinalan que, quen debe tomar a postura sobre a presentación dunha moción de confianza ou de censura, “é o BNG”.

Desde o PP non descartan unha xuntanza coa formación nacionalista unha vez tomen posesión os novos edís, “dependerá do que eles queiran ou non queiran facer.” Tamén afirman que non se produciron comunicacións cos nacionalistas desde a celebración pleno de onte.

Finalmente, apuntan que “pola nosa parte sempre estivemos abertos a calquera tipo de iniciativa ou calquera tipo de cambio.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.