O PBBI propón o Día da Dorna e Martes de Entroido como festivos locais de Ribeira no 2020

14 Outubro 2019

20191014. O Partido Barbanza Independiente (PBBI) defende que o Día da Dorna e o Martes de Entroido sexan os festivos locais de Ribeira para o 2020. O voceiro desta formación, Vicente Mariño de Bricio, manifesta que esta é a postura que os compoñentes do seu partido acordaron por unanimidade na última reunión para defender no pleno no que se debata sobre esta cuestión.

Desde o PBBI precisan que, con esta posición, pretenden “defender os intereses da hostalería e do comercio”, sostendo que terán en conta nas súas propostas “o desenvolvemento económico e a promoción do emprego.” Para iso, indican que previamente escoitaron as opinións dos integrantes deses sectores, os cales “consideran que o Martes de Entroido supón importantes movementos económicos para os seus negocios.”

Neste senso, Mariño de Bricio puntualiza que tódolos membros do PBBI “coincidiron na visión da necesidade de darlle un impulso económico a todo o municipio potenciando eses días”, defendendo así a súa elección dos festivos locais e solicitando que os demais grupos da corporación se unan á súa proposta.

O PBBI entende que “foi un grave erro que saíra adiante a proposta do Executivo local de suprimir en 2019 o festivo local do Martes de Entroido, ao acabar cunha tradición moi enraizada na localidade.” Deste xeito, sinala que “nin tan sequera o reforzo cunha programación de actividades, coma a contratación de orquestras de recoñecido prestixio, reportou resultados apetecibles.”

Así mesmo, o PBBI sinala que esta postura “non entra en desacordo coa defensa do festivo local para a patroa”, xa que o 12 de setembro de 2020, día de Santa Uxía, coincidirá en sábado, polo que “non será necesaria a súa elección como festivo local, pois ao coincidir a celebración da patroa en fin de semana pódese considerar que é case coma un festivo, co engadido de que poderán abrir os negocios aproveitándose da maior afluencia de xente pola celebración do tradicional mercadiño semanal dos sábados, e que tanto a hostalería coma o comercio teñan a oportunidade de potenciar os seus negocios.”

Ademais, segundo expresa a formación política liderada por Vicente Mariño, proporán durante o próximo ano “medidas e actividades para potenciar o fin de semana da patroa, de maneira que así se consigan tres días fortes.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.