O PBBI esixe que o alcalde Manuel Ruiz cumpra a proposta de aparcamento para o Centro de Día de Ribeira

03 Outubro 2019

20191003. O Partido Barbanza Independiente (PBBI) recrimina ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e ao concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz, “o seu descoñecemento da lexislación vixente en relación aos usos da zona de carga e descarga, aínda que o aprobe a maioría do pleno da corporación municipal.”

Vicente Mariño de Bricio, voceiro do PBBI, referiuse á postura mantida por ambos integrantes do PP ante a moción presentada polo PBBI no transcurso da sesión plenaria ordinaria do 30 de setembro. Na súa proposta, o partido liderado por Mariño de Bricio solicitaba que se posibilitase que os familiares dos usuarios do Centro de Día de Ribeira aparcasen por tempo limitado na zona de carga e descarga, “coa sinalización adecuada, podendo compartir o seu uso cos vehículos destinados a carga e descarga, concretamente á hora de entrada e de saída dos usuarios de ditas instalacións asistenciais.”

Vicente Mariño afirma que no punto oitavo do artigo 13ª da Ordenanza Municipal de Circulación de Ribeira recóllese que “o Concello poderá dar autorizacións excepcionais para que determinados vehículos ou usuarios poidan utilizar as zonas de carga e descarga pero en todo caso, por un tempo nunca superior a 30 minutos. Tales autorizacións acreditaranse mediante tarxetas concedidas pola administración municipal a través da Policía Local.”

Por esta razón, o PBBI sostén que a proposta presentada no último pleno, aprobada polo voto favorable de tódolos grupos municipais agás o PP, “se axusta ao recollido na lexislación vixente e non se estaría ante ningún incumprimento.”

Así mesmo, o voceiro sinala que o rexedor anunciou na súa intervención no pleno que “saiban que, sentíndoo moito, o señor alcalde non vai a cumprir unha proposición que é ilegal.”

Ademais, Vicente Mariño manifestou que “atendendo ao que di a referida ordenanza, tanto Manuel Ruiz coma Víctor Reiriz amosan que ambos están equivocados e que non están enterados do que se recolle na lexislación vixente.”

Do mesmo xeito, o PBBI indica que la referida moción conta co respaldo de ao redor de 300 firmas de familiares de usuarios. O partido tamén expresa o seu agradecemento a AGADEA e aos parentes das persoas que acoden ao servizo prestado pola citada asociación pola “confianza depositada no PBBI ao acudir ao PBBI para presentar as súas necesidades”, precisando que “amósase que da resultado pois pouco despois de que se rexistre unha moción no Concello de Ribeira, o Goberno local ordena que se acometa unha actuación nese sentido.” Por último, o voceiro puntualizou que “as prazas express están moi ben para facilitar a rotación no uso desas prazas de aparcamento, pero non son unha solución ao problema das persoas que levan aos seus familiares ao Centro de Día, pois terán que competir con calquera outro cidadán para facer uso deses espazos delimitados.”

Outros artigos

Ribeira reforza a limpeza e o mantemento dos contedores de lixo

Dende a Concellería de Servizos Municipais de Ribeira informan á veciñanza que se están a levar a cabo os labores de reposición dos contedores de lixo que se atopaban en mal estado, moitos dos cales, segundo explicou o dito departamento do Concello, "xa superan a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...