O músico rianxeiro Antón Alcalde, finalista nos Premios Compositores Novos da SGAE

09 Outubro 2019

20191009 O músico rianxeiro Antón Alcalde Rodríguez está entre os finalistas que optan á 30 edición dos Premios Compositores Novos que conceden a Fundación SGAE e a CNDM e cuxos galardóns entréganse o vindeiro 18 de novembro en Madrid. Antón Alcalde (Rianxo, 1992) compite no certame coa obra Firefly, que, xunto coas tres demais contribucións finalistas elixidas de todo o ámbito estatal, serán interpretadas polo conxunto instrumental Koan 2, baixo a dirección de José Ramón Encinar, no concerto final no que se decidirá ao gañador ou gañadora desta edición. O acto será no Auditorio 400 do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, ao abeiro da tempada de concertos do CNDM.

A noite de Walpurgis de David Cantalejo Gómez (Bilbao, 1985); Firely de Antón Alcalde Rodríguez (Rianxo, A Coruña, 1992); Overthinking 1 C de María del Pilar Miralles Castillo (Almería, 1997); e Res nata. Reflexión ontológica sobre o ornamento de Bruno Angelo (Brasil, 1985) son as obras que optarán aos premios.

Trala interpretación das pezas a cargo de Koan 2, o xurado decidirá tras o seu escoita cal será a peza gañadora e a repartición dos seguintes galardóns: primeiro premio Xavier Montsalvatge, dotado con 6.000 euros; o segundo premio Carmelo Alonso Bernaola, de 3.000 euros; o terceiro premio Francisco Guerrero Marín, de 1.500 euros, e a mención honorífica Juan Crisóstomo Arriaga, recoñecida coa cantidade de 1.200 euros. Todos eles acompañados de diploma acreditativo.

A este catro galardóns súmase o Premio Especial JM España, que outorgará Juventudes Musicales de España.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.