O mercadiño de Boiro regresará á avenida da Constitución en decembro

07 Outubro 2019

20191007. A avenida da Constitución volverá a dar cabida ao mercadiño de Boiro, onde estivo emprazado ata o ano 2007. Desde o Concello manifestan que os feirantes, comerciantes do municipio e usuarios do mercadiño “levan anos demandando o cambio dos postos para o lugar no que estaban anteriormente.” Concretamente, a nova localización do mercadiño será no tramo da referida vía comprendido desde a rúa Norberto Pijuan ata a estrada de Abanqueiro. Segundo precisan, nese treito non hai entradas de garaxes e, deste xeito, non se inflúe no tráfico, xa que os vehículos poden desviarse pola avenida da Constitución desde o cruce da avenida de Barraña.

Ademais, ante as demandas de comerciantes e usuarios, o equipo de goberno está valorando a posibilidade de manter os martes, tal e como se viña facendo ata o de agora, pero ampliándoo a outro día, sendo a tarde do sábado a opción que se está estudando para levar a cabo no futuro.

Ao longo da semana pasada, o alcalde José Ramón Romero mantivo xuntanzas con varios representantes dos postos ambulantes para conversar sobre o traslado, o cal sería efectivo no mes de decembro. Por esta razón, o equipo de goberno atópase traballando neste cambio, procedendo xa á retirada de xeito definitivo dos camións que estacionaban na avenida da Constitución, entre a estrada de Abanqueiro e a rotonda de Espiñeira. Así mesmo, delimitáronse as prazas de aparcamento para os vehículos, co obxectivo de gañar ao redor de 80 novas prazas de estacionamento no casco urbano. Nos vindeiros días tamén se comezará a determinar algúns espazos como zona azul gratuíta que garanta a rotación de automóbiles.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...