O espectáculo premiado co Manuel María de Proxectos Teatrais pasará por Rianxo

17 Outubro 2019

20191017 O espectáculo O meu mundo non é deste reino, de Teatro de Ramboia, gañou o ano pasado o primeiro Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María. Trátase dunha recreación da Farsa de Bululú, unha sátira das ditadura franquisata do devandito autor chairego, cun elenco integrado por Fran Lareu e Anxo García baixo a dirección de María Peinado. A representación iniciará en datas vindeiras unha xira pola nosa terra que a levará por diferentes concellos, entre os que se atopa o de Rianxo.

Esta xira vén implícita pola propia natureza do galardón, que non ten contía económica pero que si con representacións: dende a Fundación faise unha achega económica de 2.000 euros, e tanto os concellos colaboradores (A Coruña, Ames, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Malpica, Monforte, Muros, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Verín, Vimianzo) como as deputacións adheridas (A Coruña, Lugo e Pontevedra) comprométense a que O mundo non é deste reino sexa incluído na súa programación. En base a isto, o espectáculo premiado ten un punto de partida de máis de dúas ducias de representacións.

O xurado, con respecto da obra recoñecida, salientou “o amplo abano de público ao que se dirixe”; “a diversidade de espazos e ambientes nos que pode ser escenificado” e “a probada calidade artística do elenco de actores”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.