O Día da Bicicleta chega a Boiro este domingo

01 Outubro 2019

20191001. O Concello de Boiro organiza este domingo 6 o Día da Bicicleta, unha cita que pretende homenaxear a este vehículo. A concentración dos participantes realizarase na praza do Concello, ás 10.30 horas, con saída prevista para as 11.00 horas. O itinerario está composto por 15 quilómetros, aproximadamente, percorrendo distintas vías de Boiro, Escarabote, Cabo de Cruz, Saltiño, Abanqueiro e volta ao punto de inicio. A chegada está programada para ao redor das 13.30 horas, momento no que se procederá ao sorteo de agasallos.

Co obxectivo de garantir a seguridade, non está permitido a utilización de bicicletas con rodíns e establécese como obrigatorio o uso de casco. Ademais, este evento contará coa participación da Policía Local de Boiro, Protección Civil e Garda Civil, así como ao redor de 15 voluntarios da organización, o Club Ciclista Barbanza e Boiromotos, os cales velarán polo cumprimento das normas en aspectos de seguridade e o seguimento do circuíto marcado. Disporase tamén dunha ambulancia, un vehículo/taller e un autobús escoba.

No que respecta ao tráfico, desviarase a circulación da rúa Principal, desde a rotonda de Espiñeira ata o cruce coa rúa de Robustiano Pérez del Rio, pola Avenida da Constitución xusto no momento da saída.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...