O Consistorio ribeirense amosa un total de 42 fotografías navais

01 Outubro 2019

20191001. A Casa do Concello de Ribeira acolle unha nova mostra desde hoxe e ata o 25 de outubro. Desta vez, trátase dunha exposición colectiva de fotografía naval que conta cun total de 42 imaxes dos fotógrafos Luis Francisco Fernández Martínez, José Daniel Díaz, María Porta, Manuel Candal, Daniel Candal, Eduardo Sánchez Pérez, José Ricardo Rodríguez Montero, Diego Veiga, José Manuel Bermúdez Garrote, Pedro A. González, José Blanco e Carlos Rapela.

Na inauguración estiveron presentes a concelleira de Cultura, María Sampedro; a comisaria María José Carreira; e os fotógrafos Luis Francisco Fernández Martínez e José Ricardo Rodríguez Montero.

A mostra está organizada polo Concello de Ribeira e pola Asociación Galega de Fotógrafos Navais (AGFN).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.